CIRCUITO PERMANENTE

PERCORRIDOS DE ORIENTACIÓN USANDO

 GPS ORIENTEERING

Coa aplicación GPS ORIENTEERING podemos organizar carreiras de orientación polo monte sen necesidade de marcar no terreo os puntos de control cunha baliza ou outro tipo de sinal polo que a hora de preparalo resulta máis cómodo e rápido de que o circuito permanente que tiñamos instalado no Pedroso. Outra vantaxe é que permítenos cronometrar os tempos entre puntos de control e comparalos con outros corredores. Só precisamos levar un compás, o mapa impreso en papel e un teléfono android con GPS. 

Se queredes practicalo instalade no móbil GPS ORIENTEERING. A continuación figúravos o enlace que leva á páxina principal da aplicación.



Para participar como corredor chega con instalar a versión RUN. Esta é gratuita.

                      
                       Descarga GPS ORIENTEERING




Co seguinte enlace podedes entrar no blog NABESAR de orientación no que tedes un manual coa explicación detallada de como funciona esta aplicación tanto para organizar eventos como para participar neles. Os percorridos xa están deseñados así que fixádevos na parte que corresponde á participación como corredores.



Antes de comezar o percorrido é bo que configuredes o móbil (clicar nos tres puntos que aparecen na parte superior dereita) e concretedes:

     - Distancia de picaxe, é dicir a que distancia do control vai soar o móbil. Este dato depende sobre todo da precisión do voso GPS e  da cobertura vexetal que haxa no lugar da carreira.  Non poñades máis de 10 m senón soará moito antes de chegar ao punto.

    -  Vibración, picaxe xestual, inicio, ....

     - Asistente para a orientación. Este asistente marca a vosa posición durante toda a carreira no mapa que tedes no móbil. É unha axuda para participantes con menos experiencia, pero tamén serve para verificar un punto dubidoso. Recordade que no terreo non hai ningunha marca física nos puntos de control. 

Como non hai balizas no terreo deberedes buscar o elemento que figura na descrición de control e para iso é preciso coñecer a simboloxía dos diferentes elementos. Neste mesmo blog tédelo no apartado de técnicas.




MAPAS E PERCORRIDOS

Hai seis percorridos, tres de nivel avanzado e tres de iniciación. A continuación figuran os percorridos cos codigos correspondentes. Cando os imprimades recordade que debe estar activada a casilla "imprimir a tamaño real" para que non varie a escala do mapa.

Para facer a carreira tedes que introducir na aplicación o código do mapa e o do percorrido que queredes facer. Despois descargade os percorridos, imprimídeos a tamaño real e a correr polo monte.

                    
Código do  mapa: p3vhkx2n


FÁCIL-I    código: y3qhkzpn                                AVANZADO-I      código: iwkgkpen                                                                         
 
FÁCIL-II   código: z3ahkxvn                                AVANZADO-II      código: h3ahkx5n                                                                                                             

FÁCIL_III   código: i3qhkxgo                               AVANZADO-III      código: w3jhk8gn

                                                                                                           

 

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
  •  A vexetación non está actualizada, pero axústase bastante.
  • Nalgunhas zonas hai toxos e silvas que ainda que non son moi altos poden resultar molestos na parte baixa das pernas polo que se recomenda o uso de pantalón longo e en sitios excepcionais polainas.
  • No Pedroso hai camiños de descenso de bicicletas que figuran no mapa debuxados como carreiros (carril estreito, liñas finas de tramos longos). É necesario extremar a precaución cando se vai por eles ou se atravesan.
  • É recomendable empregar un calzado con sola forte.
  • Para que o mapa non se estropee é aconsellable levalo dentro dunha funda de plástico.
  • Todos os participantes actúan baixo a súa propia responsabilidade.




Os participantes deben ser respectuosos co medio natural tratando de que o seu paso polo monte sexa inapreciable.

Se queres contactar con nós: orientacionusc@gmail.com

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.