TÉCNICAS AVANZADAS

A continuación tés algunhas técnicas que podes utilizar para desprazarte dun control a outro. En moitos casos no mesmo traxecto é necesario aplicar varias delas.


I.  ELECCIÓN DE RUTA
A ruta é o camiño que imos a seguir desde un control a outro.
Antes de poñerse a correr é preciso facer un plan de ruta.
A ruta deséñase desde adiante hacia atrás. Determinamos o lugar máis axeitado para acceder ao próximo control e a partir daí trazamos a ruta ata o control no que nos atopamos.

Antes de comezar a desprazarse hai que ter planificada a ruta

Algúns aspectos que debemos valorar para deseñar unha ruta:
  • Seguridade. É máis seguro ir por un camiño que campo a través.
  • Lonxitude. Comprobar que distancia percorreremos en cada caso.
  • Desnivel acumulado. Evitar subir e baixar innecesariamente.
  • Tipo de terreo. Non se corre á mesma velocidade nun bosque limpo que nun raiado.
  • Visibilidade. É máis fácil perderse non bosque pechado que nunha zona aberta.


II.  ADECUAR A VELOCIDADE DE CARREIRA
A cabeza debe ir sempre por diante dos pés, temos que saber previamente con que nos imos atopar.
O orientador ten que ler, ver, analizar, decidir e executar. Non pode ir correndo "a tope".
A velocidade na carreira vén determinada polas características do terreo e a proximidade ao control.

A medida que nos acercamos ao punto de control deberemos reducir a velocidade

A velocidade tamén ven determinada polo tipo de terreo



III.  USAR LIÑAS DE PARADA
Unha liña de parada é un elemento lineal moi visible (camiño, tendido éléctrico, cercado, ...) que se atopa mesmo diante ou despois do punto de control. Indícanos a que altura nos encontramos respecto da baliza.
Corremos con seguridade ata o tendido eléctrico
ç

Se chegamos ao camiño e non atopamos a baliza esta queda atrás


A liña de parada danos seguridade e permítenos desprazarnos con maior rapidez ata cerca do punto de control.



IV.  SEGUIR ELEMENTOS LINEAIS
Os elementos lineais son aqueles que figuran nun mapa debuxados empregando unha liña: camiños, muros, tendido eléctrico, regatos, ...)


Primeiro seguimos o camiño e despois o tendido eléctrico


As vagoadas e espolóns tamén se poden seguir como se fosen elementos lineais, pero precísase unha maior experiencia.
Seguimos o regato ou a vagoada



Cando seguimos elementos lineais debemos ter en conta:
  • En que lugar deixamos un elemento e collemos outro.
  • As vagoadas son máis fáciles de seguir que os espolóns, pero teñen dúas desvantaxes: normalmente son lugares con máis vexetación e teñen menos visibilidade.
V.  CAZAR ELEMENTOS
A medida que dos desprazamos imos pasando por elementos puntuais facilmente recoñecibles: cruce de camiños, poste de tendido eléctrico, edificación, cortado, árbore illada, ....



Debemos ter en conta que todo o que vemos no terreo non ten por que estar debuxado no mapa, pero todo o que figura no mapa debe estar no terreo.
Se no mapa hai moitos elementos debuxados eliximos os que sexan máis fáciles de recoñecer no terreo.


VI.  DESPRAZARSE SOBRE CURVA DE NIVEL
Desprazámonos sen subir nin baixar.
Emprégase moitas veces para ir dun punto a outro que se atopan á mesma altitude nunha ladeira.
Se é necesario contaremos as vagoadas e espolóns polos que imos pasando.
Do punto 2 ao 3 desprazámonos sen subir nin baixar


VII. TOMAR RUMBO
Fixamos un rumbo coa axuda dun compás e despois desprazámonos procurando ir sempre na mesma dirección.

Calculamos a distancia a percorrer e talonamos


Podemos elixir unha referencia lonxana e correr hacia ela.
Debemos tomar distancias ou  referencias para non pasarnos ou quedarnos cortos.



VIII.  ESTIMAR DISTANCIAS
En moitas ocasións e sobre todo cando facemos rumbo temos que ser conscientes da distancia que levamos percorrida e da que nos falta para chegar.
Antes de sair deberemos calcular a distancia ata o elemento do control
 Podemos estimar a distancia:
  • A ollo, unha estimación visual.
  • Talonando. Neste caso necesitamos saber previamente cantos "dobres pasos" necesitamos para percorrer 100 metros, por exemplo.
VIII.  DESVÍO VOLUNTARIO
Emprégase cando o control se atopa nun elemento lineal que está situado perpendicularmente ao sentido da carreira.
O corredor non trata de ir directamente o punto de control senón que se desvía voluntariamente á esquerda ou á dereita ata o elemento lineal e despois desprázase ao longo del.
Desviámonos hacia a dereita e despois desprazámonos polo camiño


IX. RECOLOCACIÓN
Se non sabemos onde estamos o primeiro que debemos facer e orientar o mapa.
A continuación podemos empregar varias estratexías:
  • Miramos ao noso arredor se hai elementos destacables. Neste caso tratamos de buscalos no mapa.
  • Desprazámonos hacia un elemento lineal grande: camiño, muro, cercado, tendido eléctrico,.. que nos resulte fácil de topar con el.
  • Tratar de volver atrás ata o último lugar localizado.

X.  ELIXIR UN PUNTO DE ATAQUE
Para localizar o elemento do control en moitas ocasións é bo dirixirse hacia outro elemento máis fácil de recoñecer (punto de ataque) e desde ahí buscar o punto de control, mediante rumbo ou cazando elementos.
Próximo ao elemento do control hai un cortado moi marcado


XI.  BUSCAR O ELEMENTO DO PUNTO DE CONTROL, NON A BALIZA
O orientador ten que localizar o elemento no que se atopa a baliza e que figura na descrición de controis. Se atopa o elemento atopará facilmente a baliza.
A continuación figura unha relación cos principais elementos que se empregan para situar puntos de control.




PARA SABER MÁIS

 Especificación internacional para a descripción de controis 2018.
A descripción do control dá unha maior precisión á imaxe que figura no mapa do elemento de control. Tamén serve para ubicar a baliza de control respecto do elemento. 

 Especificacións internacionais para a elaboración de mapas de orientación modalidade sprint.   Simboloxía empregada na elaboración de mapas urbanos.


Especificación internacional para a elaboración de mapas de orientación modalidade monte. Aquí podes ver toda a simboloxía e cores que se empregan na elaboración dos mapas de orientación de monte.















0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.