A continuación figuran unha serie de consellos básicos para realizar a orientación no monte.
LECTURA DO MAPA
Ler o mapa como se fose un libro e relacionar as cores e símbolos que aparecen nel co que vemos no terreo. Se hai moitos elementos debuxados seleccionar os que son máis facilmente recoñecibles no terreo.
Nesta LENDA figuran as cores e símbolos principais dos mapas de orientación.

MAPA ORIENTADO CONTINUAMENTE
O mapa está orientado cando as liñas Norte-Sur (normalmente de cor azul) que o atravesan quedan paralelas a agulla do compás.
![]() |
As liñas azuis sinaladas con frechas deben estar paralelas á agulla do compás. Podemos coñecer cal é o norte vendo os números e/ou letras que ten o mapa. |
SABER SEMPRE ONDE ESTAMOS. TÉCNICA DO PULGAR.
A medida que imos avanzando no terreo imos marcando a nosa posición co pulgar ou coa esquina do compás. Levamos o mapa dobrado para facilitarnos a tarefa.
O que lemos no mapa diante do pulgar debe coincidir co que vemos no terreo diante de nós.
Se cambiamos de dirección deberemos xirar o mapa para que siga orientado.
SABER QUE ELEMENTO APARECE NA DESCRICIÓN DO CONTROL
Para atopar a baliza deberemos buscar o elemento ao que fai referencia a descripción de control. Estes elementos represéntanse mediante símbolos:
Descarga descrición de controis